Diario de clase do luns, 5 de abril de 2021
Introdución (10:00-11:15)
Como conseguir un ensino online efectivo?
Deseño + Pedagoxía + Coñecementos TIC
Por que a aprendizaxe baseada en tarefas?
1. Coñecemento significativo para o alumnado.
2. Aprender facendo e aplicando.
3. Fomenta a autonomía do profesorado.
Ferramentas do curso?
Moodle: para videoconferencias
Flipgrid: foro audiovisual diario
Slack: diario de aprendizaxe, traballo en equipo, compartir materiais, resolver dúbidas.
Explicación da aprendizaxe semipresencial
Vantaxes: autonomía do alumnado, flexibilidade, conciliación, maior acceso á infomración e aos materiais, feedback personalizado...
Desvantaxes: diferente alfabetización dixital, falta de motivación ou desmotivación, perda de socialización, fenda dixital...
Emprego de presentacións interaccivas (11:20-12:20)
Genially: gamificación, aprendizaxe significativa, motivación, colaboración (creación colaborativa de actividades entre o alumnado).
Estratexias de aprendizaxe social e emocional que se poden usar nas clases online (12:20-13:00)
SEL: “A aprendizaxe social e emocional (SEL) é o proceso a través do que os nenos e adultos comprenden e manexan as emocións, establecer e lograr metas positivas, sentir e amosar empatía polos demais, establecer e mantener relacións positivas e facer decisións responsables ".
Algunhas estratexias para as clases online:
Diario de gratitude: Preguntar por grupos en break rooms 3 cousas que lles proporcionou felicidades na última semana. teñen que ser cousas pequenas e incluso cotiás. A actividade pode durar uns 5 minutos.
Show and tell obxecto persoal: Pedir ao alumnado ao conectarse que participe nun xogo. Teñen que buscar nun minuto un obxecto que signifique moito para eles e explicar por que.
Meditación: exercicios de respiración, visualizando un lugar no que se relaxan.
Rematar a clase cunha actividade reflexiva: appreciation, apology, aha.
Se vos interesa profundizar un pouco máis sobre as estratexias de aprendizaxe emocional, Marta Portela explícao a continuación:
https://pedagogosdixitaiseoisantiago.blogspot.com/2021/04/estratexias-de-aprendizaxe-social-e.html
Tarefas realizadas ao rematar a clase online
Ao rematar a clase presencial, houbo que realizar 3 tarefas.
A primeira consistiu en usar Slack para respostar a 3 preguntas: 3 cousas que aprendín hoxe, 2 cousas das que me gustaría saber máis e unha pregunta.
A segunda tarefa consistiu en gravar un vídeo en Flipgrid explicando que estratexias usei co meu alumnado online para conseguir un ambiente seguro que fomentara a parendizaxe, dando algúns exemplos.
Na última tarefa realizamos unha actividade en Genially.
Grazie mille!
RispondiElimina