Diario de clase do martes, 6 de abril de 2021
Adicamos a primeira hora e media a falar sobre algunhas estratexias SEL, realizando un par de actividades.
Actividade 1: buscar un obxecto preciado e explicar o motivo.
Actividade 2: discusión sobre ideas de como comezar unha clase para activar o alumnado. Concluímos que o emprego da música (escoitar e/ou cantar), do exercicio físico, da aromaterapia, ou facer actividades coma a do bote, idea aporta por Rut da EOI de Ourense, era un bo xeito de facelo. Como, que non coñecedes a actividade do bote (do italiano il barattolo delle storie)? Pois se non sabedes italiano, xa estades tardando en vir a clase para enteder este vídeo que comparto convosco.
Logo de realizarmos estas dúas actividades, Carolina falounos do marco de SEL en CASEL, que ten como filosofía que a aprendizase social e emocional é unha parte integral da educación e do desenvolvemento humano.
E tamén falamos sobre os métodos de mildfullness para usar na clase. A información que atoparedes na web que comparto convosco paréceme moi clara e moi útil para entender o concepto.
PAUSA
Na segunda parte da clase de hoxe, logo de ir á cociña a mirar que había por alí para tomar un spuntino a metà mattina, Carolina explicounos dúas ferramentas que podiamos empregar para que o alumnado realizase tarefas colaborativas. Trátase de Slack e do coñecidísimo por todos Google drive. Teño que confesarvos que eu non coñecía Slack, e se non me explicaran o que era e para que se pode usar pensaría que se trataba da onomatopeia dos cómics (descupade a retranca galega). Slack trátase dun sistema de mensaxería por grupos, que permite crear diferentes canles. Déixovos un vídeo no que se explica esta ferramenta.

