Adicamos a primeira hora e media a falar sobre algunhas estratexias SEL, realizando un par de actividades.
Actividade 1: buscar un obxecto preciado e explicar o motivo.
Na fotografía superior podesde verme cunha máscara veneciana que me regalou Roland, que foi a miña escolla de obxecto preciado. Intentei buscar un obxecto que me recordara unha boa lembranza e que non fora moi persoal. Logo na room tiven que explicarlle a Ana Barrero de A Coruña a miña escolla e ela explicoume porque escollera un cadro. Se queredes saber porque Ana escolleu o cadro, tedes que preguntarlle, xa que o aque acontece nas rooms queda nas rooms.
Actividade 2: discusión sobre ideas de como comezar unha clase para activar o alumnado. Concluímos que o emprego da música (escoitar e/ou cantar), do exercicio físico, da aromaterapia, ou facer actividades coma a do bote, idea aporta por Rut da EOI de Ourense, era un bo xeito de facelo. Como, que non coñecedes a actividade do bote (do italiano il barattolo delle storie)? Pois se non sabedes italiano, xa estades tardando en vir a clase para enteder este vídeo que comparto convosco.
Logo de realizarmos estas dúas actividades, Carolina falounos domarco de SELen CASEL, que ten como filosofía que a aprendizase social e emocional é unha parte integral da educación e do desenvolvemento humano.
E tamén falamos sobre os métodos demildfullnesspara usar na clase. A información que atoparedes na web que comparto convosco paréceme moi clara e moi útil para entender o concepto.
PAUSA
Na segunda parte da clase de hoxe,logo de ir á cociña a mirar que había por alí para tomar un spuntino a metà mattina, Carolina explicounos dúas ferramentas que podiamos empregar para que o alumnado realizase tarefas colaborativas. Trátase de Slack e do coñecidísimo por todos Google drive. Teño que confesarvos que eu non coñecía Slack, e se non me explicaran o que era e para que se pode usar pensaría que se trataba da onomatopeia dos cómics (descupade a retranca galega). Slack trátase dun sistema de mensaxería por grupos, que permite crear diferentes canles. Déixovos un vídeo no que se explica esta ferramenta.
Respecto ao emprego do drive de Google, xa estades cansas e cansos (desculpade o modo político) de para que se pode empregar: para que o alumnado faga unha tarefa en grupo se compartimos un documento cunhas instrucións con cada grupo.
Na última hora da clase, Carolino introduciunos no apaixoante mundo das estratexias que podemos empregar para promover a colaboración entre o alumnado, pero o que máis nos gustou a todo foi a técnica fishball. Eu, mentres ela falaba, busquei un pouco de información sobre esta técnica, sabendo que despois tería que explicárvola. Comparto convosco tamén este vídeo que atopei:
DESPOIS DA CLASE
Como todos os días, houbo que realizar autonomamente 3 tarefas.
A primeira consistiu en usar Slack para respostar a 3 preguntas: 3 cousas que aprendín hoxe, 2 cousas das que me gustaría aprender máis e unha pregunta.
A segunta tarefa consistiu en gravar un vídeo en Flipgrid respostando ás seguintes preguntas:
-Tiveches algunha experiencia difícil ao colaborar en grupo / equipo como estudante ou profesional?
-Puidéchelo resolver?
-Impactou iso en como facilitas nas túas clases o traballo colaborativo?
Por último, como todo se asimila mellor facéndoo, empregando Slack e Google drive, en grupos e traballando colaborativamente, realizamos un decálogo para que o profesorado facilite a aprendizaxe colaborativa nas súas clases virtuais. Este foi o resultado do grupo no que colaboramos Marta e mais eu, xunto con Imanol Haramburu (Navarra), Arantza Idoate (Navarra) e Carmen Garrido (Madrid).
E ao que rematei fun para a Escola, que tiña clase ás 19:30 e sabedes o que aconteceu ao que cheguei á noite ña casa? Pois que vin que o resto de grupos usare Genially para crear o decálogo colaborativo, e como xa sabedes que algunha xente se sinte motivada a facer as cousas ao ver o ben (o chuolo) que quedou o resultado, pois fixen esta infográfica que espero que vos guste e que rematei preto da media noite. Xa vedes o ben pagado que está ser profe da nosa EOI e que te escollan para facer un curso ;-)
Por certo, aquí vos deixo os outros dous decálogos que fixeron os outros dous grupos.
Grupo 1, con música:
Nessun commento:
Posta un commento