Teño que agradecerlle ás compañeiras da Coruña Ana e Ángeles o resumo infográfico que realizaron da xornada deste día e que comparto convosco.
Explícovos máis detalladamente o que fixemos hoxe a continuación:
ACTIVIDADE 1:
A primeira tarefa que realizamos foi un exercicio de Mindfulness. Como, que non sabes o que é?
E tampouco sabes cales son os seus beneficios?
Por que usar algún exercicio de Mindfulness na clase ao inicio? Para relaxar e predispor o alumnado á realización das tarefas que lle proporemos. O exercicio que realizamos con Carolina Castro foi o de empregar os dedos da man para pautar a respiración. Amosando o palmo da man e separando os dedos, usamos o dedo índice da outra man para pautar a respiración e ir desprazando o dedo índice polos cinco dedos da man, inspirando cando subiamos e expirando cando baixabamos.
ACTIVIDADE 2:
Esta actividade pódenos servir para empregar nas nosas clases (virtuais ou presenciais) para repasarmos os conceptos vistos na clase anterior. Na chat escribimos unha pregunta sobre a clase anterior que servira para repasar o tratado na clase anterior. A continuación, nas rooms realizámoslle a pregunta a un compañeiro da clase. Esta actividade pode ser unha boa alternativa para que o noso alumnado se convirta en mediador e pode fornecernos ao profesorado de datos para avaliar o grao de éxito que tivo a clase anterior.
ACTIVIDADE 3:
Como o día anterior nos gustara o enfoque do traballo colaborativo, Carolina explicounos un pouquechiño máis (desculpade, é que me encanta este diminutivo porque en italiano sería pochettino, coma o adestrador de fútbol, pero lembrade que "che" sería "que" en galego) como facilitar a realización de tarefas colaborativas na clase. Comparto convosco unha infográfica da editorial Planeta con 5 consellos para traballar con grupos na aula.
Tamén nos explicou algunhas pautas para ter éxito á hora de propoñerlle estas tarefas ao noso alumnado:
-establecer uns obxectivos oara a actividade;
-darlle ao alumnado as ferramentas para organizarse;
-crear roles nos grupos: o facilitador, o do deseño gráfico, o que resume, o que edita...;
-empregar un contrato de aprendizaxe;
promover o respecto e a comunicación entre o alumnado;
-sermos coma o Virxilio da actividade ao principio, é dicir, ser os guías;
-utilizar diferentes métodos e actividades variadas (traballo por proxectos, a flipped classroom, a aprendizaxe por resolución de problemas...);
-darlle tempo necesario para que poidan debater e contratar ideas;
-estruturar o proceso e revisar como están realizando o traballo;
-facilitarlle ferramentas de autoavaliación para que coñezan os criterios, e usar rúbricas que tamén avalíen o traballo en equipo;
-empregar as TICs;
-perdirlle ao alumnado que sexa creativo e que empreguen diferentes ferramentas para presentar o traballo.
PAUSA
Despois da pausa, Carolina centrouse en explicarnos o emprego de dúas ferramentas coñecidas para a maioría de nós e para a maioría de vós, ferramentas útiles para a creación de vídeos interactivos.
En primerio lugar, vimos as potencialidades de Edpuzzle, ferramenta que todos coñecedes.
Confésovos que eu usara e abandora esta ferramenta hai un par de anos, pero decidira non empregala porque requería que o alumnado se manexara con outra ferramenta máis e xa sabedes o debate que temos ultimamente: cantas ferramentas empregar para non extresar? Pero despois de descubrir que non é necesario que o alumnado se rexistre para realizar as tarefas, animoume a empregalo proximamente. Para os que non saibades como se consigue que o alumnado non teña que rexistrarse, déixovos o seguinte vídeo para crear unha open class.
En segundo lugar, Carolina explicounos como empregarmos Power point para crear vídeos:
Para rematarmos coa clase presencial diante da computadora, que xa sabedes que agora se chama clase virtual síncrona, Carolina amosounos un vídeo para explicarnos como podiamos avaliar o alumnado en entornos virtuais.
Rematamos a clase cunha actividade SEL: apreciación desculpa, eureka!
DESPOIS DA CLASE
Nodiario de aprendizaxe de Slack realizamos a tarefa diaria de contarmos 3 cousas aprendidas, 2 cousas nos gustaría saber máis e unha pregunta. Dádevos de conta de que así lle estabamos dando feedback sobre a nosa aprendizaxe?
Tamén respostamos en Flipgrid a como poderiamos introducir vídeos interactivos ou presentacións feitos por nós nas clases sempipresenciais.
Por último, puidemos escoller entre facer unha tarefa en Edpuzzle ou unha vídeo-presentación con Power point.
Nessun commento:
Posta un commento